_agenda Agenda

As utopías chegan á gran pantalla no Salesianos

curtopiaMáis de 300 curtametraxes para participar nas tres seccións de Curtopía 2010. Ao final tan só 30 seleccionados que optarán aos premios nas categorías de Videoclip, Curtametraxe de Ficción, Curtametraxe Documental e Obra Galega. Desde hoxe a selección oficial e as pezas que pasaron un segundo corte poderán verse por bloques no Cine Salesianos en proxeccións de balde. A sesión arranca ás 16 horas co primeiro bloque, que será seguido do segundo ás 17:30 horas e do terceiro ás 19 horas.

As proxeccións repetiranse os vindeiros 15, 19, 22 e 26 de novembro no Cine Salesianos ou na Asociación Xuvenil Abertal, onde poderán verse traballos de Galicia, Turquía, Brasil, Panamá, Alemaña, Bélxica ou Puerto Rico.

También te puede interesar