Comarcas Galicia

Unha volta ao mundo para loitar contra o cancro

O obxectivo: conseguir 25.000 sinaturas, o mesmo número de millas que ten a volta ao mundo, para obter polo menos 25.000 euros que serán integramente doados a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Mos acolle este sábado 13 de novembro a iniciativa ‘25.000 millas, 25.000 sinaturas’, que só pasou por tres cidades ata o de agora: Gijón, Sevilla e Barcelona.

Desde as 16 ata as 20 horas o pavillón Óscar Pereiro acollerá un partido de Fútbol Sala Categoría Autonómica Femenina entre os equipos do Concello de Mos FFF e Marcón de Pontevedra, baile rexional coa actuación do Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras, unha exhibición de patinaxe artística do Clube Ribex de Torneiros e unha exhibición de bailes de salón. Alí poderá asinarse a vela que despois continuará percorrendo o país recollendo sinaturas.

A idea xurdiu durante a Volta a España a Vela e Juan Merediz, presidente da asociación, pensou que a vela do seu barco ‘Central Lechera Asturiana’ podería ir recorrendo toda España ata o 31 de decembro, cando parte a Barcelona World Race, e que a xente interesada podería estampar a súa sinatura nela a cambio dun donativo mínimo dun euro e así que o seu nome dera a volta ao mundo a bordo da súa embarcación.

También te puede interesar