Galicia

Os mellores expedientes de Selectividade ’emigran’ á USC

Por oferta, por vocación ou por casualidade, pero o certo é que máis da metade dos estudantes con mellores notas nas probas de Selectividade optaron por matricularse na Universidade de Santiago. Trátase de alumnos cun expediente alto e cunha nota superior a un 9 nas primeras PAU que permitían sacar ata un 14 sumando os exames optativos.

Dos 293 alumnos coas notas máis altas, 154 acabaron na USC, a maioría matriculados en Medicina, unha titulación moi desexada polas cidades de A Coruña e Vigo precisamente pola alta demanda de prazas. O resto recalaron en Historia, Químicas e Filosofía. Sen embargo, a pesar de levarse aos ‘cerebros’ de Galicia, a matrícula para este curso descendeu na universidade compostelana a pesar de notar un incremento do 13,5 por cento nos primeiros cursos.

También te puede interesar