Deportes Vigo al día

Os catro mellores equipos do mundo, na XXI Copa Asobal de Vigo

O tenente de alcalde participou no sorteo de partidos.
O tenente de alcalde participou no sorteo de partidos.

Ademar, Barcelona, Ciudad Real e Valladolid. Catro dos mellores equipos de balonmán do mundo e os catro presentes na XXI Copa Asobal de Vigo, que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de novembro no pavillón das Travesas. O sorteo celebrado hoxe deixou interesantes emparellamentos: o do Reale Ademar León co F.C. Barcelona Borges e o de o Renovalia Ciudad Real co Cuatro Rayas Valladolid. A primeira semifinal será o sábado 18 ás 16 e 20 horas.

Só faltaría a presenza do Octavio, que todos os vigueses están desexando que xogue na Liga Asobal, o que incrementaría a práctica do balonmán na cidade. Pero por desgracia os participantes na Copa son os que quedaron nos catro primeiros postos da liga pasada e os que están situado nos catro primeiros na liga actual.

También te puede interesar