_agenda Agenda

Terapias e día a día nas xornadas profesionais de Alzheimer

alzheimerLevan 8 anos organizando xornadas profesionais para facer ver que o Alzheimer é un problema de todos. Os vindeiros 26 e 27 de novembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (Afaga) organiza no Centro Cultural Caixanova de Vigo unhas poñencias para profesionais para intentar afianzar as terapias non farmacolóxicas e a intervención sociocomunitaria como bases dos proxectos que se levan a cabo cos enfermos e os seus coidadores.

Nesta ocasión estarán presentes profesionais con recoñecido prestixio internacional, como o responsable de Formación Centro Alzheimer da Fundación Reina Sofía ou o responsable de Terapias non Farmacolóxicas do Centro de Referencia Estatal de Atención a estes enfermos, ademais de levar a cabo obradoiros prácticos de musicoterapia e educación emocional e de novas propostas na terapia ocupacional nas demencias.

Se estás interesado podes inscribirte ata o vindeiro 19 de novembro nas oficinas de Afaga (rúa Oliva, 12), chamando ao teléfono 986 229 797 ou a través da web da entidade. O prezo: 40 euros para parados e estudantes e 50 euros para o resto de profesionais.

También te puede interesar