Vigo al día

Este martes entrégase o hotel de catro estrelas edificado a carón do novo Auditorio de Beiramar

 

Auditorio11/Tresyuno ComunicaciónEste martes a constructora entregará á empresa lucense Carrís, o hotel de catro estrelas edificado a carón do novo auditorio. O mesmo, que xa está rematado, terá 125 habitacións das cales preto dun 90% terán vista á Ría e dará traballo a 25 personas, de xeito directo e, indirectamente a outras 35, segundo estimacións dos novos propietarios. Unha vez entregado, empezará a decoración, habilitación e contratación de personal de cara a súa apertura en febreiro.

O novo hotel foi visitado hoxe polo alcalde quen salientou que representa “un paso clave no turismo de congresos” da cidade. Abel Caballero avanzou que conta xa cunha “gran demanda” e o máximo responsable de Carrís Hoteles, Juan Viñas, confirmou que teñen xa reservas que completan toda a capacidade hoteleira, coincidindo cos congresos pechados para o Auditorio.

También te puede interesar