Cultura Vigo al minuto

A pesca tradicional do mundo dase cita no Museo do Mar

Un percorrido único polas poboaciones costeiras dos cinco continentes. Esta é a proposta que presenta o Museo do Mar de Galicia coa exposición Fillos do Océano, síntese das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Teniente documentou, durante varios anos, nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo. Unha mostra de fotografía documental que amosa a forma de vida de poboacións que aínda viven da pesca artesanal en países como a India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar ou mesmo Galicia.

Teniente investiu varios anos fotografiando a forma de vida destas comunidades que dependen exclusivamente do mar e que están a sufrir o esgotamento dos recursos mariños por sobreexplotación ou por mor da contaminación. Máis de 70 fotografías que permanecerán a disposición do público ata o vindeiro 9 de xaneiro na sala de exposicións temporais do Museo.

Un modo de vida máis sustentable

A exposición é unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é  unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños, para que se regulen tanto as pesquerías como a contaminación marítima.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.