Son só apenas 460 metros, pero fundamentais para ver que a recuperación do Casco Vello xa é unha realidade. Hoxe inaugurouse a reforma da Subida ao Castelo e a súa extensión cara a rúa Hortas, unha actuación cun orzamento de 184.000 euros para a recuperación do entramado viario do barrio histórico iniciado hai tres anos.
As obras leváronse a cabo con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade e que inclúe a mellora da rede de abastecemento de auga, incrementando a capacidade da rede de alcantarillado e establecendo a rede separativa, ademais da renovación do alumeado.