O movemento veciñal galego, xunto co estatal, da comezo a unha campaña relacionada coa enerxía eléctrica, reivindicando ante as Administracións a búsqueda de solucións ante as subidas indiscriminadas nas facturas da luz.
Nos dous últimos anos a subida da luz ascende a un 31%, “e fai que se teña que reaccionar“. Ante este abuso a CEAV creou unha comisión que coordinará a campaña e que estudará as facturas entregadas pola cidadanía ante as súas Asociacións Veciñais.
Esta campaña terá tres fases: reparto de dípticos informativos e recollida das dúas últimas facturas recibidas; estudo da factura; entrega en cada Concello, por parte do movemento veciñal, dunha moción de urxencia relativo co mercado da electricidade e das tarifas eléctricas.
A CEAV lembra que este 2010, mentras o Índice de Prezos ao Consumo subiu un 1,9% o recibo da luz aumentou un 9,4%, ademáis salienta que as economías máis febles pagan o 75% do custo da electricidade aínda que só consumen un 48% e que as compañías eléctricas veñen de cobrar de máis preto de 4.000 millóns de euros pola achega que se fixo para facilitar ás empresas a transición á competencia.