Cultura Vigo al día

A Escola de Danza estrea 300 alumnos e grupo de percusión

Arranca un novo curso na Escola Municipal de Danza e, con el, máis de 300 alumnos, un 11 por cento máis que o ano pasado. Un aumento da demanda que permitiu de cara a este curso implantar un novo grupo de percusión.

Na Escola Municipal de Danza imparte clases de danza e percusión tradicional en sete categorías: iniciación para nenos e nenas de 4 e 5 anos; formación básica para rapaces de 6 e 7 anos; danza para escolares, para mozos e mozas de 8 a 15 anos; danza xuvenil e de adultos, para alumnos de máis de 16 anos; danza para maiores de 65 anos, o grupo O Tarabelo e percusión tradicional. Nestas modalidades participan un total de 223 alumnos e alumnas.

Ademais, desenvolve o ensino en cinco grupos na escola, no C.P A Doblada, C.P. Chans de Bembrive, CP. Carrasqueira, CP. Rúa Aragón e CP. Javier Sensat, que este ano se suma á inicitiva. En total serán 33 os rapaces e rapazas participantes nestas clases.

También te puede interesar