RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Non haberá cesta para tanto cogumelo

cogumelos_miscaros

Se che gustan os cogumelos, esta fin de semana tes unha oportunidade de verdadeiro luxo para saír ao campo a encher as mans, as cestas e, de paso, o bandullo. A asociación veciñal de Paraños organiza hoxe unha saída para buscar os mellores dende Cotarel.

Se queres participar só tes que estar alí ás 10 horas e levar navalla e cesta para recoller as distintas especies que atopes polo camiño. Xa de volta, sobre as 21 horas, haberá magosto e degustación de cogumelos na Casa de Cultura de Moeiros.

También te puede interesar