Comarcas

Cidadelle ou como subir en bus escolar facendo equilibrios

Subida_Cidadelle

O barrio de Cidadelle dispón dun vial pouco axeitado para a circulación de calquera vehículo, xa que lle falta retranquear e cubrir as cunetas e tratar de suavizar as curvas, xa que “a calzada é tan estreita que o risco de meter unha roda na cuneta ao cruzárense dous vehículos é alto”. E o tema complícase cando se trata do autobús escolar que leva aos nenos a diario aos colexios Alexandre Bóveda e Iglesia. Por iso, o PP de Redondela vén de presentar un rogo no pleno para que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade neste vial.

Os populares tamén solicitaron que se buscase un bo emprazamento para a instalación de marquesiñas para que os escolares poidan esperar a refuxo sobre todo no inverno, xa que non teñen onde abrigarse da choiva.

También te puede interesar