Vigo al día

O Goberno local terá 226 millóns para gastar o ano que ven

Domínguez y Caballero/Tresyuno ComunicaciónO orzamento municipal para o próximo ano ascende a 226,7 millóns de euros, un 8% menos que o de 2010, que recolle, segundo o alcalde, a “conxelación real dos impostos” e a non aplicación do IPC ás taxas de escolas infantís e centros de maiores.
O Concello solicitará para o próximo exercizo un crédito de 11 millóns de euros, aprobéitando a reforma da financiación local que permitirá este tipo de operacións ás entidades menos endebedadas.
Abel Caballero valorou que trátase da primeira ocasión na democracia que o Concello de Vigo ve aprobados os seus orzamentos municipais en catro ocasións consecutivas, o que “pon de relieve a estabilidade deste goberno“, que cumpre coa “atención á cidade”.
 

Aforro
Redúcese de forma moi significativa os gastos de persoal”, explicou o alcalde, un descenso de 3,4 millóns de euros en total, dos que 1,8 proceden do decreto estatal que regula as condicións salariais dos empregados públicos e outros 1,7 millóns afórranse da amortización de prazas vacantes. O gasto corriente, apuntou o primeiro edil, tamén caeu un 1%, cun aforro de 1,1 millóns de euros.

Gasto social e educativo
Caballero salientou a “votande política” para 2011 de potenciar a vertiente social e educativa do Concello, polo que o gasto en educación ascende un 16% con respecto ao presente exercizo, 1,5 millóns de euros máis. Nesta área, Caballero citou a posta en marcha de tres novas escolas infantís -a de Casiano Martínez, Tomás Alonso e Mestres Goldar-, os 800.000 euros para becas de inglés, 100.000 máis que no anterior, os 330.000 euros para a apertura da aula viguesa da UNED ou a construcción de catro novas garderías, a ubicar en Lavadores, A Seara, Navia e A Doblada. O gasto social tamén experimenta un crecemento do 3%, que ten o seu reflexo nas áres de Participación Cidadá e no mantemento de viais públicos.
 

 

 

O goberno local, con cargo ao próximo ano, realizará humanizacións nas rúas Panamá e Nicaragua, na Avenida de Castelao, na Praza de Independencia, na rúa Brasil, na rúa Aragón, en Pintor Colmeiro, en Troncoso, en Balaídos, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doctor Marañón, Menéndez Pelayo, Colombia, en Beade, Espiñeiro, en Teis, no parque de Castrelos, en Matamá-Pazos, na rúa Pino, Esperanto, Toledo, Severino Cobas e Manuel Álvarez.
Ademais, case un millóns de euros irán destinados a Parques e Xardíns para mellorar a Praza da Miñoca, a Gran Vía, o entorno de Balaídos, Teixugueiras, a Alameda de Navia, a Avenida de Castelao e o parque Rivera Atienza.
 

 

Caballero citou asemade partidas para o convenio da nova depuradora e para a recuperación dos humedais da cidade. Xunto a estas actuacións, e a cargo de partidas  xenéricas.  

Investimentos
As inversións municipais para 2011 suman 18 millóns de euros, das que a metade recaen no departamento de Vías e Obras
. O alcalde destacou o “esforzo inversor” vigués nun momento de crise no que grandes concellos rebaixan a cero os seus investimentos.

Outras administracións
O alcalde de Vigo detallou que o Concello, nas súas contas para o próximo exercizo, percibe do Goberno de España 71,8 millóns de euros, o que representa un 8% máis que no 2010. o goberno autonómico, pola súa banda, achega á cidade de Vigo 8,8 millóns.O Estado aporta o 800% máis que a Xunta de Galicia” á cidade olívica, concluiu Caballero.

También te puede interesar