_agenda Agenda

18 artistas emerxen no Verbum

verbum

A palabra como eixo central de 18 espectáculos de artistas emerxentes. Iso é o que levará o programa ‘6×6. Punto de encontro’ ao Verbum-Casa das Palabras, que se desenvolverá os xoves dende hoxe ata o 2 de decembro ás 20:30 horas. Esta tarde a proposta virá a cargo de Marián Bañobre, Anabel Gago e Sielaesencia, coa palabra falada como eixo central.

Os próximos en actuar serán Wences Pierdes, Gena Baamonde e Xabier Mariño coa palabra movemento o 4 de novembro; o 11 de novembro a palabra sonora chegará da man de Artús, Antela Cid e Helder K. Sobre a palabra signo, o 18 de novembro, xirarán as creacións de María Torres, Lucía García e Gonçalo Guerreiro; sobre a palabra imaxe irá o espectáculo do 25 de novembro, a cargo de Rebeca Iglesias, Marta Paz e Vanesa Perozo. Finalmente, a palabra escrita centrará as creacións de Clara Gayo, Estela Lloves e Brian Moure o 2 de decembro.

También te puede interesar