Comarcas Galicia

Patinando lonxe de casa cando teñen un oco ben preto

pabellon-chapelaAs competicións comezan nuns meses e os nenos que patinan no club Bolboreta teñen que desprazarse ata Pontevedra para poder adestrar. O PP de Redondela levará esta tarde a pleno unha solicitude de comparecencia do concelleiro de Deportes por negarlle a este clube o uso dunha pista no pavillón de Chapela cando por axenda existen posibilidades reais de poder usalo, sobre todo os sábdas antes das dez da mañá.

Fai tres anos que o equipo demanda un lugar onde o equipo de competición feminino poida adestrar unha hora e media ou dúas horas á semana na única pista de todo o municipio que conta con parquet, motivo polo que os populares pensan que se lle denega o seu uso polo medo a que o estropeen co uso, algo “que nunca ocorrería xa que teñen rodas especiais para ese tipo de solo”. cl

También te puede interesar