Comarcas Galicia

Patinando lonxe de casa cando teñen un oco ben preto

pabellon-chapelaAs competicións comezan nuns meses e os nenos que patinan no club Bolboreta teñen que desprazarse ata Pontevedra para poder adestrar. O PP de Redondela levará esta tarde a pleno unha solicitude de comparecencia do concelleiro de Deportes por negarlle a este clube o uso dunha pista no pavillón de Chapela cando por axenda existen posibilidades reais de poder usalo, sobre todo os sábdas antes das dez da mañá.

Fai tres anos que o equipo demanda un lugar onde o equipo de competición feminino poida adestrar unha hora e media ou dúas horas á semana na única pista de todo o municipio que conta con parquet, motivo polo que os populares pensan que se lle denega o seu uso polo medo a que o estropeen co uso, algo «que nunca ocorrería xa que teñen rodas especiais para ese tipo de solo». cl

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.