Vigo al minuto

A historia de Vigo xa ten mando en praza

Estatua Silverio Rivas/Tresyuno ComunicaciónDecenas de nenos e nenas do colexio Josefa Alonso de Matamá retiraron a lona que cubría a nova escultura da Praza do Bicentenario, inaugurada hoxe, coincidindo cos docentos anos da real orde, asinada polo Rei Fernando VII, que transformaba a Vigo en cidade Leal, Fiel e sempre Valerosa.

A nova praza, localizada fronte á Praza do Rei, na confluencia de Blein Budiño, Venezuela e Camelias, incorpora sobre unha fonte a escultura de aceiro inoxidable ,»como eloxio á luminosidade da Ría«, obra de Silverio Rivas, de case sete metros de altitude e oito mil quilogramos de peso. Esta peza simboliza a torre e o olivo presentes na heráldica viguesa e incorpora en cada póla «o nome das 23 parroquias que conforman a cidade«, explicou o autor.

El alcalde y la corporación escuchan al escultor Silverio Rivas/Tresyuno Comunicación«Esta incorporación cumpre unha dobre función», asegurou Rivas. »

Por unha banda simboliza o recoñecemento ao esforzo colectivo de toda a cidadanía na construcción de Vigo e, por outra, persegue que o texto calado nas diferentes láminas ou ramas que dan forma a esta Oliveira se aproxime ao efecto que produce a árbore no seu estado de floración, que como todos sabemos é delicado e sutil».

O alcalde afirmou que «esta escultura simboliza de onde vimos, onde estamos e onde queremos ir«, pois introduce no seu concepto o «carácter» da cidadanía viguesa. Abel Caballero recoñeceu a «peza única» elaborada por Silverio Rivas para conmemorar o Bicentenario da Cidade de Vigo.

ZancudosA apertura simbólica desta nova praza foi amenizada antes e despois do descobremento da escultura polo grupo Troula, que trasladou o ambiente festivo e lúdico ao numeroso público asistente ao evento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.