Vigo al minuto

Unha praza con escultura para celebrar 200 anos da Leal, Fiel e Valerosa cidade de Vigo

 

logo_bicentenario_okCon motivo da celebración do Bicentenario de Vigo o Concello ten previsto para mañá, día en que hai 200 anos publicouse o Real Decreto que lle conferiu a Vigo o título de Ciudad Leal, Fiel y Valerosa, unha serie de eventos que se sucederán durante toda a xornada.

Ás 07:00 horas o Auditorio Municipal abrirá as súas portas ao público en xeral para seguir en directo o programa de RNE, “En días como hoy” realizado polo xornalista Juan Ramón Lucas e o seu equipo. Unha das actuacións previstas será a do grupo Cómplices que terá lugar en torno ás 11:00 horas.

 Ás 11:30 o alcalde, Abel Caballero, inaugurará a Praza do Bicentenario, ubicada na confluencia da rúa Camelias con Venezuela para dar paso a continuación, ás 13:00 horas, ao acto de entrega de galardóns a dez entidades e institucións da cidade pola súa traxectoria e a súa achega á historia de Vigo. Caixanova, Celta de Vigo, Porto de Vigo, PSA Peugeot Citröen, Zona Franca de Vigo, Universidade de Vigo, Naval ou a Pesca-Cooperativa de Armadores, son algunhas daz dez entidades que recibirán unha réplica da escultura que se ubicará na Praza do Bicentenario.

Para rematar o día os actos de conmemoración inclúen un concerto da Coral Casablanca no Centro Cultural Caixanova e xa as 21:25 horas dará comezo o sorteo da ONCE especial Bicentenario.

 

También te puede interesar