RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Secuestrada a revista ‘Retranca’ por falar do Papa

A portada da discordia entre Retranca e a imprenta.
A portada da discordia entre Retranca e a imprenta.

A imprenta asegura que está en «desacordo moral co seu contido», así que a pesar de estar xa impresa e lista para enviar á distribuidora, a imprenta decidiu non entregar aos responsables da revista sátira galega ‘Retranca‘ o último número, cunha portada adicada á visita do Papa a Santiago.

O seu director, Kiko da Silva, asegurou nun comunicado que a imprenta, situada en Murcia, négase a entregar os exemplares porque está en desacordo co ataque ao Papa e á Igrexa, xa que no seu número 28 faise unha clara referencia ao custe da visita. Para poder pór á venda a revista, o equipo directivo xa contactou con outra imprenta para poder chegar de novo aos quioscos en breve e estudian a posibilidade de tomar medidas xuridiciais polos danos e perxuicios causados con este incumprimento de contrato.

También te puede interesar