Vigo al minuto

O goberno local xa dispuxo do 65% do orzamento para 2010 a falla de tres meses para acabar o ano

Raquel Díaz/Tresyuno ComunicaciónO Concello xa ingresou o 78% dos máis de 200 millóns que tiña previsto recadar este ano e xa comprometeu o 65% do gasto o que representa unha cantidade de 192 millóns de euros que se investirán en obras e servizos. A concelleira de Facenda asegurou que o 60% das obras xa foron contratadas, segundo o estado de desenrolo do orzamento no derradeiro trimestre do ano, o que supón que a execución de humanizacións, parques infantís ou recuperación do Casco Vello xa tiñan gastados uns 55 millóns en total.

Raquel Díaz subliñou que o goberno municipal apostou en 2010, o o fará en 2011, polas humanizacións, o ensino, servizos sociais, garderías, becas de comedor, apoio ao pequeno e mediano comercio, “en definitiva, pola xeración de emprego«, obxectivo que xunto coa “mellora de calidade de vida dos vigueses” é o que persegue a coalición que xestiona o Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.