_agenda Agenda

Cen anos non son nada, don Darío

O escritor Darío Álvarez Blázquez.
O escritor Darío Álvarez Blázquez.

Xa pasou un século dende que un rapaz que iba levar por nome Darío vira ao mundo, un rapaz que acabaría sendo unha persoa moi apreciada en Tui, xa que aínda que dende 1942 residía en Vigo nunca cesou nos vencellos coa vila tudense. E o seu nome era de sona: Darío Álvarez Blázquez. Esta tarde as vellas rúas de Tui rendiranlle homenaxe descubrindo unha placa conmemorativa na que foi a súa residencia na rúa San Telmo (19 h), acto no que intervirá o seu fillo, Darío Álvarez Gándara.

Ademais, a partires das 19:45 horas celebrarase unha mesa redonda arredor da figura do escritor no que tamén participará o seu fillo, ademáis de Xosé María Álvarez Cáccamo, sobriño e escritor; Ernesto Iglesias, cronista oficial da cidade; e Alberto Estévez, no antigo convento de San Domingos.

Médico especializado en pulmón e corazón, establécese en Tui e consegue unha praza de tisiólogo no Patronato Nacional Antituberculoso, ademais de ser profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto da Segunda Enseñanza tudense. Promotor do Partigo Galeguista en Tui, a guerra civil supuxo unha traxedia para a súa familia, co fusilamento do seu pai e a presión social conseguinte, que obrigounos a establecer en Vigo no 1942, asumindo Darío a responsabilidade familiar naqueles difíciles anos da posguerra.

Na cidade olívica Darío Álvarez Blázquez desenvolveu a súa actividade como médico en diversos ámbitos laborais ata o seu falecemento en 1979. Escritor tanto de novelas como nos xornais, onde mantivo longas colaboracións no “Jornal de noticias” como en “La Voz de Galicia”, humanista no amplo sentido da palabra. Cabería salientar os traballos dedicado á reivindicación do berce tudense do médico e filósofo Francisco Sánchez, sobre quen centrou a súa tese de doutoramento.

También te puede interesar