RGPD - Cookies
_agenda Destacados

Os bebés terán o seu propio paraíso no Ifevi

baby

Embarazo, parto, lactancia e o tempo que o pequecho poida ser chamado bebé, para os pais sempre menos do que desexarían. O Salón do Bebé de Galicia chegará entre os vindeiros 18 e 20 de marzo de 2011 ao Ifevi coas firmas galegas e internacionais máis importantes deste sector, como confirmou hoxe a Fundación Vigo Convention Bureau.

Un gran escaparate no que os participantes terán a oportunidade de amosar as principais novidades en expositores centrados á alimentación infantil, roupa, calzado, baño, mediciña xinecolóxica e infantil, puericultura, mobilidade, educación e accesorios. Unha gran feira que se queda nesta ocasión en Vigo grazas a un estudo de Worldpanel Babe, no que só puxeron datos a unha realidade que todo o mundo coñece: as familias con bebés gastan máis que as que non os teñen.

Durante a feira haberá no recinto gardería, parque infantil, sala-cambiador, espazo para lactancia e bebeteca de consulta, ademais de menús especiais para familias.

También te puede interesar