_agenda Agenda

Matalobos busca novas estrelas

Un momento da serie da TVG.
Un momento da serie da TVG.

Caras novas. Da igual que vaian acompañando a un corpo alto ou baixo, mozo ou vello… Se queres probar sorte no mundo da televisión, a serie da TVG ‘Matalobos‘ busca a persoas de todos os perfís para colaborar como figurantes na nova tempada, que chegará ás pantallas no primeiro trimestre de 2011 con novos personaxes e moitas sorpresas.

A productora da serie, Voz Audiovisual, celebrará un gran cásting o vindeiro 26 de outubro no polígono da Grela, en A Coruña (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas) para buscar novos veciños de Sardiñeira e traballar no clan máis famoso da Televisión de Galicia. Aínda que se busca xente con e esen experiencia, de todas as idades e complexións físicas, tamén se terá moi en conta a todos aqueles homes e mulleres de orixe ou trazos sudamericanos e a xente que practique artes marciais ou deportes de risco, incluidos os amantes dos deportes de motor.

Para presentarse non é necesario avisar antes, só pasar por alí o vindeiro martes e estar en situación de ser contratado. Se estás interesado pero non podes acudir á cita, envía os teus datos e fotos a [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.