Cultura Literatura

Todo gran escritor ten un pai lector detrás

De esquerda a dereita, Begoña Caamaño, Camino Noia e Xosé Monteagudo.
De esquerda a dereita, Begoña Caamaño, Camino Noia e Xosé Monteagudo.

Romina Vázquez/Universidade de Vigo/ Cunha revisión do clásico «A Odisea» de Homero e unha análise da condición humana transcurriu a segunda xornada do ciclo Escritores na Universidade, celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución, con Begoña Caamaño e Xosé Monteagudo como invitados. Os seus eixos comúns: o seu interese pola escritura parte do amor polos libros que os seus proxenitores lles inculcaron dende moi cativos. “Tras deborar miles de relatos chega un momento no que precisas lerte a ti mesmo”, explica Caamaño.

Xornalista de profesión, Begoña Caamaño publicou o ano pasado a súa primeira obra baixo o título ‘Circe ou o pracer do azul’, na que “da voz ás mulleres ás que Homero lla negaba, posto que as súas obras están cheas de estereotipos”, explica Camino Noia. Tras ter lido a Homero con tan só dez anos, a escritora viguesa retomou o clásico ‘A Odisea’ preto dos corenta para reflexionar sobre o papel que o sexo feminino tiña nesta obra, creada nunha época na que a meirande parte dos textos gregos eran de corte misóxino. “As mulleres aparecían como seres malvados e perversos que sempre se equivocaban nas decisións que tomaban”, apunta Caamaño.

Tras facer unha revisión histórica dos mitos de Penélope e Circe, protagonistas da Odisea, “atrevinme a construir un relato dentro da propia obra de Homero ensalzando os seus papeis, centrándome no porqué das súas actitudes e accións”, explica a escritora, que engade que “dende sempre estes dous personaxes reclamaban capacidade para pensar por si mesmas e para actuar segundo as súas reflexións.”

‘As voces da noticia’, ‘Un tipo listo’ e ‘Noites de velorio’ son algunhas das obras do licenciado en Dereito Xosé Monteagudo. “Trátase de historias que relatan a cotidaneidade, xa que lle gusta falar da xente que está ao seu arredor”, explica Noia. Para este escritor, o relato non comeza coas primeiras liñas, senón que procede dunha imaxe anterior no tempo que vai madurando ata da lugar a uns personaxes. “Cando collo o lapis teño que saber bastante sobre os protagonistas e o seu carácter, pero non sei qué sorpresas me poden deparar, por iso resulta tan interesante”, segundo as súas palabras. “O que intento é chegar a unha reflexión sobre a condición humana na nosa época”, engade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.