RGPD - Cookies
Comarcas

En Covelo xa teñen todo preparado para acoller o Campionato de España de Patinaxe

José Costa, alcalde de Covelo, acompañado de membros do clube local e organizadores, sostén o cartel oficial do Campionato de España de Patinaxe Artística, hoxe na presentación do mesmo
José Costa, alcalde de Covelo, acompañado de membros do clube local e organizadores, sostén o cartel oficial do Campionato de España de Patinaxe Artística, hoxe na presentación do mesmo

O alcalde de Covelo, José Costa, presentouno hoxe e xá é oficial: a vila galega sucederá a Arona, en Tenerife na organización do meirande evento da patinaxe nacional.O concello pontevedrés convertirase os vindeiros 29 e 30 de outubro no centro do deste deporte acollendo o LXV Campionato de España de Patinaxe Artístico Alevín, que se desenvolverán no pabillón municipal coa presencia de preto dun cento de deportistas. Entre eles tres rapazas do Clube de Patinaxe Artístico Covelo, Antía Pimentel, Carmen Moreira e María Moreira,  que xogan na casa e que, ademáis de conquerir que as medallas queden na vila, tentarán emular a Erea Abalde, quen estos días atópase en Italia convocada pola Federación Española para representar á mesma na Copa Italiana.

Durante dous días (o día 29 a xornada arrancará ás 16:45 horas e o 30 ás 08:45 h) disputaranse as modalidades individuais feminino, masculino, parellas de artístico e de danza.

O alcalde lembrou o esforzo do clube local que «pese a seres fundado hai so nove anos, ven de lograr a organizción dun evento desta importancia, algo no que, ademáis dos resultados, influiu a importante loaboura levada a cabo pola sús presidenta Sonia Gil«. José Costa agredeceu, asemade, a axuda de Deputación de Pontevedra «pola súa aportación ao deporte en xeral e a este campionato, especialmente» e á Xunta de Galicia que por medio da Fundacióon Deporte Galego, confirmou a aportación dunha xenerosa axuda para que a competición xera un completo éxito.

También te puede interesar