Vigo al minuto

Vigo, unha cidade orgullosa de selo

SeloO alcalde e o presidente de Correos, Alberto Lafuente, presentaron hoxe na Real Casa da Moeda o selo especial da entidade, editado con motivo do Bicentenario da Cidade que se celebra este ano.

O efecto postal presentado é un selo personalizado, en papel autoadhesivo e de tarifa A, válido para unha carta normalizada de ámbito nacional, e conmemora os 200 anos da Cidade de Vigo. Caballero e Lafuente tamén presentaron o cuño e o rodete especiais do Bicentenario.

O rodete especial, que xa está en funcionamento, estampará durante un mes o logo representativo da efeméride en todas as cartas expedidas desde a oficina principal de Correos de Vigo, unha das sedes con maior tráfico de correspondencia de Galicia. Abel Caballero, quen agradeceu a cooperación da entidade, indicou que o primeiro cuño custodiarase no Museo da Cidade e o segundo será remitido ao presidente do Goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero.

También te puede interesar