RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Uns 300.000 euros de intereses por unha débeda de 1981

O castelo de Vilasobroso.
O castelo de Vilasobroso.

Un préstamo de 14 millóns das antigas pesetas, uns 84.000 euros, suporalle agora ao Goberno municipal de Ponteareas unha débeda de máis de 435.000 euros. A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de condear ao concello a pagar unha débeda que mantén con Caixanova dende 1982 por dous préstamos para adquirir o Castelo de Vilasobroso e o solar do matadoiro municipal, o que supoñen máis de 300.000 euros en xuros de demora.

O Goberno pontareán declarou prescrita a débeda nun pleno celebrado en xuño de 2008 a pesares de non existir un informe ao respecto e de que Caixanova reclamara en varias ocasións a cuantía. Sen embargo, a caixa galega recurríu a decisión e o TSXG dalle a razón.

También te puede interesar