RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Segredos suecos versión videoforum

fucking_amal

Un pequeno pobo de Suecia, onde nunca ocorre nada interesante e onde sempre todas as modas chegan tarde. Alí é onde vive Agnes, unha rapaza vexetariana que está a piques de cumprir os 16, un bicho raro aos ollos dos demais veciños. Ninguén a ten en conta. Pero Agnes garda un gran segredo: está namorada de Elin.

Esta é a historia na que se basa Fucking Amal’, un filme de Lukas Moodysson de 1998 e que hoxe proxectarase (18 horas) no Centro de Documentación Feminista na Biblioteca Pública Central dentro do Videoforum organizado pola Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

También te puede interesar