Vigo al día

Máis de 100 gatos xa foron esterilizados pola Concellería de Sanidade

 

Gato/ C.V.A Concellería de Medioambiente, Sanidade e Consumo que dirixe Chus Lago, ven de esterilizar a máis de 100 gatos da cidade dentro da campaña de control das colonias felinas.

 Esta acción, que se está a levar a cabo desde o pasado mes de xuño, ten coma obxectivo estabilizar o número de colonias felinas da cidade, mellorando así a salubridade pública e a convivencia humana. O programa de esterilización superou xa o centenar de gatos, sempre esterilizados por persoal formado e cualificado.

 

A esterilización, como medida de control, utilizase xa con éxito en países coma EE.UU., Reino Unido, Alemaña, Italia e Holanda, entre outros. Por todo iso, o pasado mes de xuño o Concello asinou un convenio de colaboración en materia sanitaria para o control das colonias felinas na cidade. O acordo foi rubricado pola Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra e a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Vigo.

Cunha duración dun ano -aínda que coa posibilidade de prórroga anual- grazas a esta iniciativa estabilizase o número de animais a curto prazo, redúcense os problemas de comportamento derivados do “celo”, como maullidos e pelexas, e será máis fácil realizar un censo real de animais. O plan tamén permite a regulación da entrada de novos gatos, reducir os malos cheiros e manter as colonias de gatos, excelentes controladores de las pragas de roedores.

O proceso seguido por este programa consistiu primeiro na elaboración de censo de colonias felinas na cidade, actualmente cifradas en preto de 3.600 gatos rueiros, e posteriormente na captura, esterilización e posta en liberdade destes animais nos seus lugares de recollida. O proxecto permite tamén realizar un seguimento das colonias de felinos.

 

También te puede interesar