RGPD - Cookies
Deportes Galicia

Covelo, capital española do patinaxe artístico alevín

As tres patinadoras do Club de Patinaje Artístico de Covelo.
As tres patinadoras do Club de Patinaje Artístico Covelo.

Aínda quedan 15 días, pero xa van quentando motores. Covelo convertirase os vindeiros 29 e 30 de outubro no centro do patinaxe coa celebración do LXV Campionato de España de Patinaxe Artístico Alevín, que se desenvolverán no pabillón municipal coa presencia de preto dun cento de deportistas. Entre eles tres rapazas do Club de Patinaje Artístico Covelo, que xogan en casa.

Durante dous días (o día 29 a xornada arrancará ás 16:45 horas e o 30 ás 08:45 h) disputaranse as modalidades individuais feminino, masculino, parellas de artístico e de danza, xa que non se reuniron os participantes suficientes para a modalidade de combinada. Arona, en Tenerife, foi a cidade elexida para a celebración da anterior edición do campionato.

También te puede interesar