Vigo al minuto

Caballero, vaise co vento

O carteto de vento, actuando hoxe en RegueiroSe hai uns días o proganista da inauguración de Simón Bolívar foi un pianista, hoxe a ‘Sinfonía das humanizacións’ correu a cargo dun carteto de vento. Coas súas notas de fondo, o alcalde inaugurou hoxe as rúas Regueiro e Tarragona, onde asegurou que “humanizamos máis de tres quilómetros de rúas no entorno de Povisa”.

Caballero detallou que o Concello humanizou as rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora, Salamanca, Faustino Álvarez, Illas Baleares, Illas Canarias, Valencia, Regueiro, Tarragona, Sevilla e a primeira fase de Pintor Colmeiro, cun investimento total de 12,3 millóns sen contar a reforma desta última, acometida pola construtora do aparcamento soterrado.

En todo o entorno, o goberno local instalou, a modo de exemplo, 60 papeleiras, case 300 novos puntos de luz e máis de 600 árbores. En todas instalouse beirarrúas de granito e xardineiras, e ademais renováronse todas as canalizacións soterradas.

O alcalde fixo especial fincapé na “modernidade” dunha renovación de rúas en superficie e en profundidade, que atende ao medioambiente ao separar ás augas pluviais das fecais, optimizando a depuración destas. Caballero indicou que o saneamento trascorre en dous canais paralelos ao igual que o cableado.

Abel Caballero afirmou que o entorno de Povisa é unha “zona moi ilustre pero desatendida” da cidade, que non recibira melloras desde os anos 70. Tras as reformas realizadas, o socialista adiantou que nas próximas semanas habilitaranse bancos nas rúas.

También te puede interesar