Cultura

Pan, parapan, pan!

panO concelleiro de Comercio presentou hoxe as actividades que o vindeiro sábado 16 de outubro acollerá a Praza da Princesa con motivo do Día Mundial do Pan, que incluirán unha exposición de diferentes tipos de pan, degustacións e unha charla a cargo da experta nutricionista Carolina Nebot. O obxectivo desta convocatoria é potenciar o consumo deste produto, pero tamén amosar o apoio ao sector das panaderías, que en Vigo e a súa área suman 248 establecementos.

Na súa comparecencia salientou os beneficios nutricionais do pan, pero tamén expresou a súa preocupación polo mantemento e afianzamento do sector panadeiro na situación de crise actual. Ademais, mencionou o contraste que existe entre os datos sobre o descenso do consumo deste produto e o incremento dos casos de obesidade infantil, «consecuencia dunha dieta non equilibrada».

O xerente de Aproinpa manifestou a preocupación da entidade polo forte descenso de consumo de pan e sinalou que Galicia, Valencia e Madrid son as tres comunidades nas que esta redución é máis forte, especialmente nos últimos tres anos. Indicou que na actualidade, o consumo de pan por galego e ano é de 50,8 kilos.

«Non pode ser que a maioría de nenos e nenas en idade escolar padezan obesidade infantil, producida polo consumo de alimentos industriais«, alertou Luis Rey. Segundo asegurou, dende Aproinpa tratan de paliar o descenso de consumo de pan «polo ben dos nenos e as nenas«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.