Vigo al minuto

A Escola Internacional de Posgrao do Mar incluirá estudos de mestrado, doutoramento e formación continua

reunion-campus-do-mar

D. Besadío/Universidade de Vigo/ A Escola Internacional de Posgrao do Mar será o elemento clave a través do que se coordinará, xestionará e impulsará a oferta formativa de mestrado, doutoramento e formación continua do Campus do Mar. Esta era xa a idea inicial e agora, logo da celebración no campus da primeira reunión do grupo de traballo que está a pór en marcha o proxecto, están xa definidos os principais trazos que van caracterizar un proxecto que nace coa intención de converterse nun referente formativo tanto para o ámbito empresarial como académico, xa que a idea é captar aos mellores alumnos nacionais e internacionais co obxectivo de alcanzar un mínimo do 30% de estudantes estranxeiros en 2015.

Neste encontro o grupo de traballo acordou que, inicialmente, a escola deberá definir un número moi reducido de programas de doutoramento, “posiblemente un ou dous”, especificou Emilio Fernández, o comisionado do Campus do Mar. Cada universidade e organismo de investigación analizará internamente a oferta de doutoramento existente e preparará unha proposta de programa a desenvolver na escola internacional de posgrao.Poderán crearse ou asocialos a programas xa existentes. Tras analizar as normativas legais que regulan os estudos de mestrado e doutoramento en Portugal e España, as diferenzas entre ambos sistemas non impiden a creación dunha escola transfronteiriza formada por universidades de España e Portugal.

Ámbitos de traballo da escola

A Escola Internacional de Posgrao do Mar manterá abertas liñas de traballo en varias áreas coincidindo cos proxectos estratéxicos para a investigación definidos polo Campus do Mar, se ben se decidiu que a posible definición e implantación de estudos de máster na escola, emerxa, nesta fase inicial, a partir das necesidades de formación que no seu momento identifiquen as comisións académicas dos programas de doutoramento da escola.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.