RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Alicia danza ás mil marabillas no auditorio municipal

alicia

Dobre sesión de ‘Alicia&Alicia’, a nova producción da compañía viguesa A Produccións Artísticas, que traerá ao auditorio municipal hoxe e mañá (21 horas) unha obra que parte da ‘Alicia no país das marabillas’ de Lewis Carrol e que especula coa idea de que Alicia podemos ser todos, xa que todos queremos cambiar a realidade ou ser rebeldes.

Unha nena con moita imaxinación, Alicia. É o único personaxe de toda a historia, que actúa con cordura e cunha serenidade impropias da súa idade. O obxectivo do espectáculo é facer unha reflexión, unha ollada desde a actualidade con Alicia como protagonista e Alicia como antagonista.

También te puede interesar