Galicia Vigo al día

Resistencia Galega podería ser declarado grupo terrorista

turista_galiza_non_e_espanha590Leva 13 accións violentas no que vai de ano. A pesar de que está operativa dende hai 5 anos, Resistencia Galega nunca tivera mantivera tanta actividade co lanzamento de tantos artefactos explosivos. E o que é máis importante, dirixidos a xente con nome e apelidos, un deles o xuíz en excedencia Javier Mínguez-Poza. Por iso, a Audiencia Nacional dará orden para que sexa considerado como grupo terrorista.

A Audiencia Nacional poráse en contacto dos fiscais galegos que leven asuntos relacionados con este grupo para levar o control total do tema. Nestes intres hai tres comandos operativos en Vigo, Santiago e outro itinerante cun total de 12 persoas, aínda que conta co apoio duns 200 simpatizantes. O seu dirixente, Antonio García Matos ‘Toninho’ está en busca e captura.

Que se considere grupo terrorista implicará que en todos aqueles actos que sexan terroristas, alteracións de orden público ou actos de enaltecemento serán enviados, investigados e xuzgados pola audiencia nacional.

Aínda que non reivindican os seus actos violentos, o seu selo de identidade os delata: cócteles molotov e tarteiras con pólvora. Resistencia Galega son os herdeiros dun terrorismo independentista galego que arrancou a mediados dos anos 70 no sector naval e na universidades compostelá.

También te puede interesar