O Instituto Enerxético de Galicia xa ten 1.017 solicitudes para o programa de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética, unhas axudas que se resolverán nos vindeiros 5 meses e que suporán unha inxección económica de case 9 millóns de euros e que posibilitarán un investimento asociado de 28,4 millóns de euros.
E dentro das 18 liñas de distintas axudas, as máis demandadas foron as destinadas á renovación das instalacións de iluminación pública exterior (co 16,5% das solicitudes); á renovación de bombas de calor xeotérmicas (15,2%) e as destinadas a auditorías enerxéticas nos edificios do sector residencial e servizos (15,1%).
Xunto con estas subvencións, poráse en marcha tamén 12 liñas específicas para municipios coas que se cubrirán nalgúns casos ata o 75 por cento do proxecto. Uns 153 concellos rexistraron xa a súa solicitude para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior e outros 23 para a realización de auditorías enerxéticas. Unhas medidas que conseguirán un aforro estimado de 12.560 toneladas equivalentes de petróleo e a emisión de 50.350 toneladas de CO2 á atmosfera.