_agenda Agenda

Aquí non hai corzo que escape… do prato

corzoPodes incluso probalo para almorzar, xa que haberá racións para todo o mundo a partir das 10 da mañá. Salceda de Caselas celebra no torreiro de festas da Concepción a primeira festa gastronómica do corzo, cunha carpa por se a choiva que augar a festa.

Coas primeiras choivas e o descenso da temperatura o corpo comeza a pedir calorías e pratos suculentos. Adeus as dietas para por o bikini, agora toca comer a rego cheo, enchernos de viño novo, castañas, setas, de porco, de noces con mel, augardente, grelos, navizas, patacas nocas e carne de caza. Por iso Salceda estrea festa.

O corzo e unha carne magra, baixa en graxa, con apenas un 7 por cento. A carne máis apreciada e máis tenra da caza maior, un auténtico manxar para sibaritas que poderás degustar durante toda a xornada con guarnición, pan e viño. Incluso se prefires, podes pedir a ración para levar.

También te puede interesar