Destacados Vigo al minuto

Stockaxe debuta nas redes sociais

stockaxe-2

Pretende ser a feira con maior variedade de produtos desde o seu comezo hai xa tres anos e facer un chamamento masivo ao público ofertando unha gran amplitude de servizos paralelos. Pero é que a Feira de Liquidacións de Vigo, Stockaxe, tamén quere estar á última en tecnoloxías e saltou á rede: os comerciantes poderán anunciar a súa presenza a través do perfil de Facebook e o público coñecer todas as novidades desta terceira edición.

Stockaxe abrirá as súas portas a vindeira fin de semana con 2.000 metros cadrados cos que se pretenden superar os 25.000 visitantes da edición anterior. Ademais de moda e calzado para todas as idades, tamén haberá comercios adicados ao mobiliario, á decoración, á perfumería, aos libros e revistas, á peletería, á óptica e incluso á xoiería. Todos dispostos de 10 a 21 horas no Ifevi por un prezo simbólico de un euro ou de balde para os menores de 12 anos.

Entre as novidades deste ano: a ampliación do servizo de gardería, con servizo de piscina de bolas, paracaídas xigante e distintos obradoiros ao longo de toda a fin de semana de chapas, maquillaxe ou globoflexia, entre outros.

También te puede interesar