RGPD - Cookies
Galicia

Queres probar se entendes algo de ruso?

san-petersburgoNon ten por que ser tan complicado: se non queres por un pé en Rusia podes facelo en Moldavia, Ucraína, Hungría, Italia ou Arxentina. A Xunta acaba de por en marcha a segunda fase de intercambios xuvenís do ‘Programa Galego de Mobilidade: a Xuventude no Mundo’, ao que se sumará a colectividade galega no exterior: en total 78 prazas nas que poderás empezar a inscribirte o vindeiro día 11.

Se tes entre 18 e 30 anos poderás coñecer durante unha semana o país elexido e a súa cultura, costumes e modos de vida. O primeiro destino será Sinferopol, en Ucraína, á que lle seguirán as viaxes a Bos Aires (Arxentina), San Petersburgo (Rusia), Chisinau (Moldavia), Hölloko (Budapest) e Cerdeña (Italia).

También te puede interesar