RGPD - Cookies

Caballero dille a Hernández que xa chegou a hora de Navia
Caballero dille a Hernández que xa chegou a hora de Navia

O alcalde enviou unha carta ao conselleiro de Infraestructuras reclamándolle melloras en Navia e anunciou ao tempo que iniciará reunións coa veciñanza para informar da situación do barrio.

Abel Caballero, que considera Navia como un ámbito «da máxima importancia en Vigo«, indicou que está a ser «paralizado» e «desatendido» polo goberno autonómico, polo que esixe á Xunta «desenvolvementos urbanísticos de calidade» para as preto de 15.000 persoas que alí habitan.

En concreto, reclama de Núñez Feijóo que acelere as obras do gran parque verde e que acondicione os espazos entre os edificios, xa que observa queixas da cidadanía sobre o mal estado destes. O alcalde engadiu que o seu goberno non pode actuar neles pois non foron cedidos ao Concello.

También te puede interesar