Comarcas Galicia

O Concello de Salvaterra pide ao IGVS que pague os recursos mineiros

salvaterra-de-mino-concelloO Goberno municipal de Salvaterra aprobou por unanimidade en pleno solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo que faga efectivo o acordo para o pagamento dos recursos mineiros aos expropiados. Un pleno no que a Corporación reivindicou ademais a reubicación de zonas verdes e equipamentos sociais que figuran na zona de uso mineiro.

Por outra banda, o concello advirte aos promotores que no caso de verse na obriga de facer un novo plan sectorial, Salvaterra reclama un novo convenio de colaboración, ademais de a obriga de notificar as modificacións sustanciais que se fagan no proxecto, permitir a inspección das obras e dar conta delas dende o seu inicio.

Xunto coa asociación de afectados pola Plisan, a Corporación municipal reclama a contribución da Plisan ás redes de sumidoiros, equipamentos sociais e medioambientais.

También te puede interesar