Deportes

En Coia e Florida haberá ‘Máis que auga’

Visita-piscina-Coia-Florida

O novo complexo deportivo «Máis que auga» de Coia-Florida entrará en servizo na última semana de outubro logo de que  máis de 7.000 persoas amosaron o seu interese por algunha das actividades que terán lugar neste centro ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) e no de Barreiro.

A superficie total do centro de Coia-Florida é de máis de 4.600 metros cadrados, que se reparten nunha piscina cuxo vaso principal é de 25 x 12,5 metros e outras dúas piscinas de 10 x 6 metros. Unha delas se destinará a aprendizaxe, incluso para bebés a partir dos seis meses. A segunda piscina se utilizará como ‘piscina activa‘, xa que conta con dúas camas de auga, oito postos de hidromasaxe, un chorro de cervicais, un chorro de láminas de auga e dous geyseres.

A ‘piscina activa’ e a zona de tratamentos e relax conforman un área termal que contará con sauna, baño turco, catro duchas de esencias e fonte de xeo. Ademais das piscinas, haberá catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como un ximnasio municipal de 600 metros cadrados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.