Vigo al minuto

As humanizacións chegan a Vázquez Varela, Oporto ou Couto de San Honorato

Humanizacións Vigo/Tresyuno ComunicaciónO goberno local aprobou hoxe os pregos para a licitación de obras de humanización en dez viais da cidade por valor de 7,2 millóns de euros.

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde indicou que o Concello impulsa unha vez máis a humanización dun «gran bloque de arterias viguesas» que chega prácticamnete «a toda a cidade«. Trátase de «viais urbanos de gran importancia na cidade de Vigo«, que iniciarán a súa humanizacións a comezos de xaneiro de 2011 cun prazo de execución previsto de entre tres e catro meses.

Segundo citou Abel Caballero, o goberno local aprobou as humanizacións da primeira fase de Vázquez Varela, con 1,1 millóns de investimento; da rúa Oporto, entre Areal e Rosalía de Castro, por valor de 375.000 euros; de Cangas, con 574.000 euros; Mestre Montes, por 222.000 euros; Couto San Honorato, por 425.000 euros; as primeiras fases de Martínez Garrido -un millón de euros- e de Aragón -2.020.000 euros-; Asturias, cunha partida de 280.000 euros; Salvaterra, con 212.000; e a primeira fase de Ramón Nieto, cun investimento de un millón de euros.

Estas humanizacións corresponden aos orzamentos municipais de 2010, e acabarán co estado de «abandono» no que atopábanse algúns destes viais coma Vázquez Varela, Oporto ou Couto de San Honorato, en Ribadavia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.