_agenda Cultura

Que o ‘Paperboy’ non se che escape

Queda máis de mes e medio para poder velos, pero queres coller sitio terás que ser rápido, Hoxe saen á venda as entradas das últimas incorporacións do ciclo Xacobeo Importa, Eli ‘Paperboy’ Redd e Teenage Fanclub, que estarán en Santiago os vindeiros 17 de novembro (21:30 horas) e 3 de decembro (22 h).

Para ver a Reed terás que abonar 20 euros en venda anticipada e 23 o mesmo día da actuación, mentres que os billetes para Teenage Fanclub custarán entre 18 e 20 euros. Podes conseguilas facendo clic aquí, na web de breakpoint, en Discos Elepé de Vigo, Gong e A Reixa Tenda en Santiago, na Praza de Ourense de A Coruña ou chamando ao 902 504 500.

Eli “Paperboy” Reed, de só 25 anos e considerado un dos artistas revelación do 2008, e coa súa banda The True Loves chega por primeira vez a Galicia tralo seu magnífico disco Roll with you, que sacou hai dous anos. A prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.

Teenage Fanclub, banda escocesa formada por Norman Blake e Gerard Love, presentarán en Santiago as cancións do seu último traballo Shadows, xunto con temas dos seus discos clásicos como son Bandwagonesque e Grand Prix. Nas súas composicións atópanse influencias dos Beach Boys, The Byrds, Beatles ou Big Star. Pese a contar co apoio da prensa especializada e da súa gran facilidade para crear boas cancións, nunca chegaron a ser un grupo de masas aínda que os seus discos e xiras sempre contaron cunha lexión de seguidores dentro do circuíto alternativo. Shadows, o seu último disco, consolídaos como un dos mellores grupos de pop xurdidos na década dos 90.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.