RGPD - Cookies
Comarcas

As pistas de atletismo de A Xunqueira, listas para pisalas

pista da xunqueira de moaña

Estrearán deportistas o vindeiro 16 de outubro, pero hoxe xa recibiron a visita do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. As pistas de atletismo da Xunqueira, en Moaña, xa están ao cento por cento, axardinando a zona que estreará a XXX Olimpiada Escolar nunha zona deportiva cunha pista de 300 metros e catro rúas e unha recta interior de 100 metros que ocupará preto dun quilómetro cadrado de superficie para as probas de velocidade.

Unha inversión de máis de 512.000 euros para conseguir unha zona de 426 metros cadrados para probas de salto de lonxitude e triple salto, outra de 767 metros para o salto de altura e unha última de 118 metros para lanzamento de peso. En total, máis de 4.000 metros cadrados que servirán sobre todo para os adestramentos do Clube de Atletismo Samertolameu.

También te puede interesar