Comarcas Galicia

Pontevedra, primeira cidade na que xa non se pode pasar dos 30 qm por hora

Xa non hai recuncho no que o coche poida probar o seu nivel de aceleración. Todas as rúas de Pontevedra xa contan coa sinalización de velocidade máxima a 30 quilómetros por hora no casco urbano. Deste xeito, a cidade convírtese na primeira en restrinxir de xeito total a velocidade, unha medida que entrou en vigor a primeiros de setembro e que está pensada para evitar ruidos, contaminación e accidentes.

Nalgunhas rúas  ademais da sinalización vertical pódense ver unhas pranchas de gran tamaño a modo de sinalización horizontal coa velocidade máxima permitida a partir de agora. Nos vindeiros días procedesare a retirar os restos da sinalización antiga e a borrar a pintada nas estradas.

Reforma da ordenanza

O Goberno de Fernández Lores tivo que modificar o artigo número 5 da ordenanza de tráfico da cidade tras un informe técnico que avala o cambio pola reforma integral do espazo público iniciada na cidade coa declaración do casco vello de Pontevedra como zona totalmente peonil para priorizar o tránsito das persoas en detrimento da saturación automobilística.

También te puede interesar