Galicia

Apagados catro incendios que calcinaron case 230 hectáreas en Ourense e Pontevedra

A pesar do temporal de vento e choiva, catro incendios puxeron en perigo catro localidades galegas nas provincias de Pontevedra e Ourense, todos eles cunha superficie afectada dunhas 230 hectáreas. O primeiro en extinguirse foi o declarado en O Carballiño ás 16 horas do sábado. Pasadas as 02:30 horas de onte quedaba apagado tras arrasar 50 hectáreas e traballar nel un técnico, 7 axentes forestais, 9 brigadas cunhas 60 personas, 11 motobombas, unha pala, 2 helicópteros e un grumir.

Mentras, ás 23:36 horas de onte quedaba apagado o incendio na parroquia de Sobradelo, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, que afectou a 80 hectáreas de superficie rasa. Nas labores de extinción traballaron 2 axentes forestais, 7 brigadas cunhas 65 persoas e 1 motobomba.

Xa ás 01 desta madrugada quedaba extinguido o lume en Manzaneda, que calcinou 70 hectáreas na parroquia de Soutipedre e no que traballaron 4 axentes, 6 brigadas cunhas 60 persoas, un Grumir, 5 motobombas, 3 helicópteros e un avión.

Por outra banda, o mesmo sábado apagouse un lume apenas tres horas despois de iniciarse na parroquia de Traspielas, en Fornelos de Montes. Quedaron afectadas case 22 hectáreas e foron precisos un axente, 3 brigadas, un Grumir, 3 motobombas e 2 helicópteros para extinguilo.

También te puede interesar