_agenda Agenda

O flautista conquista aos máis pequechos

Para que enganarnos: tarde de paseo non vai facer. Así que que mellor que entreter aos reis da casa con teatro no Auditorio Municipal de Vigo. Teatro Paraíso Sal presenta ‘O flautista máxico’, unha obra na que soarán vellas e máxicas melodías e que protagonizarán Tomás Fernández Alonso, Arrate del Río e Ramón Monge.

O reloxio dunha estación perdida parará o tempo a toque de silbato e o vento, o incansable vento, susurrará outra vez ao oído a célebre e renovada historia do flautista de Hamelin.

O prezo: 5 euros para adultos e 3 para rapaces ata os 12 anos.

También te puede interesar