RGPD - Cookies
Deportes Destacados

Para estar en forma, corre con Vigo

Xa pasou o verán e a febre por poñerse a correr para adelgazar e lucir tipazo estival na praia, pero iso non quere dicir que non podamos botar unhas carreiriñas para manter a forma durante o resto do ano. O vindeiro luns 4 de outubro arranca de novo o programa ‘Corre con Vigo’, de balde e sen límite de idade co que un grupo de vigueses queda para correr en Castrelos.

Os interesados quedarán luns, mércores e xoves de 19:30 a 21 horas para atoparse coa monitora Marina Abruñedo, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, adestradora e “moi coñecida no mundo do atletismo vigués”.

A actividade comezará con exercicios de iniciación e estiramentos, co obxectivo de “preparar o organismo para correr, independentemente da súa capacidade”. As persoas participantes distribuiranse en grupos en función dos distintos niveis e, finalmente, a sesión rematará con exercicios de relaxación. Ademais, os participantes poderán ducharse nas propias instalacións do parque.

También te puede interesar