Vigo al minuto

O Concello esixe a Fomento que poña prazos para a readmisión dos traballadores do AVE

AVE/Tresyuno ComunicaciónO Pleno da Corporación aprobou hoxe, á proposta do BNG, unha moción instando ao Ministerio de Fomento a que asuma o compromiso de recolocar a todo os traballadores que nos últimos meses foron despedidos das obras do túnel do AVE As Maceiras-Vigo. Igualmente se demanda do Goberno do Estado que obrigue ás empresas adxudicatarias á cumprir a normativa laboral e as medidas de seguridade nas obras tendo en conta a representación sindical dos traballadores.A moción, que foi respaldada polo PP e o PSOE, reclama tamén ao Ministerio de Fomento que presente un “calendario craro dos prazos de execución do proxecto“, para despexar todas as dúbidas que ten xerado a paralización dos traballos e o despedimento dos traballadores.O concelleiro Xabier Alonso, que defendeu a moción, salientou na súa intervención que para o BNG tan importante é que se clarifique a execución dos prazos como que se cumpra a normativa laboral. O nacionalista afirmou que non pode ser que se fagan xornadas laborais de 13 horas diarias” como está acontecendo. Por iso, indicou que “merece unha reflexión das condicións nas que se está traballando”.

O nacionalista indicou que aínda que agora hai algúns traballadores aos que están chamando para reincorporarse ás obras, hai aínda máis de 200 que descoñecen cal vai ser o seu futuro.

 

 

También te puede interesar